Translate

viernes, 4 de noviembre de 2016

Cena fin da tempada 15-16

Como cada ano e xa van 16, o pasado sábado 1 de outubro, celebramos unha cena que serviu para pechar a tempada 2015-16 e dar comezo á 2016-17.

Xuntámonos 58 racinguistas no Restaurante A Torilla e disfrutamos dunha noite na que non faltaron cánticos, recordos e por suposto moita tertulia racinguista.

Aproveitamos tamén para renovar "equipación" e agasallamos a cada socio cunha nova bufanda da peña, que agora que vén o frío, seguro que lle sacamos partido!!

Agradecer a tódolos nosos socios e amigos que participaron desta noite e poñémonos mans á obra para planificar unha nova tempada.

Opa Racing!!

No hay comentarios: