Translate

martes, 4 de mayo de 2010

Sempre Racing

Comenzamos a escribir esta publicación varias veces e aínda así será moi complicado reflexar con palabras ou polo menos escoller as correctas para describir o sentimento da afección neste final de tempada. Estamos en Terceira...e pouco máis que decir que non se dixese xa: que si este é un club presidencialista, que si o equipo era para xogar a promoción de ascenso e  non deu a talla, que si os adestradores fixeron o que fixeron...e por suposto, CANDO XA NON HAI NADA QUE FACER, como señores, cada parte asumíu a súa culpa e agora pouco a pouco ímolos vendo polos diferentes medios pedindo perdón (algúns) e contándonos de novo todo o que xa sabemos, que o Racing non debería ter descendido, bla,bla,bla. Pois mentiras.

O Racing está donde está por méritos propios,  só hai que ver a clasificación xornada tras xornada, o estrano é que non descendésemos moito antes. A responsabilidade, da igual de quen,  xa non importa, a responsabilidade tiña que aparecer cando había tempo para cambiar este final que se vía vir porque agora qué???

 É unha lástima que teñamos que ver o Racing en terceira para recoñecer erros, é unha pena que teñamos que chegar ata aquí para pedir unión e que todos rememos na mesma dirección...é unha pena.

Pero nós non vamos baixar os brazos, nós non queremos ver "perdones" nos medios de comunicación, nin culpas, nin responsabilidades, queremos accións, feitos; queremos implicación de tódalas partes, deportivas e sociais, queremos un Racing cercano, pero non só porque vaian xogar chavales da casa.

 E por último queremos dirixirnos a vós, compañeiros de grada, peñistas ou non, gracias por ser os mellores compañeiros de viaxe que calquera club quixera ter, gracias por facer grande o nome do Racing sempre, nas derrotas e nas esquecidas victorias. Temos dúbidas de moitas cousas para a próxima tempada, sobre a plantilla, o adestrador, a liña que seguirá o club...pero hai algo do que non nos cabe duda, que na Malata a peña Morandeira non estará soa.


Aúpa Racing!!!

Un saúdo,
Peña Morandeira.

2 comentarios:

Carlos dijo...

Ya quedan 2 días menos para que volvamos a estar en 2ªB
Animos para toda la familia Racinguista

viveiro dijo...

Os animos estan por todo alto,o q falta e moral pa estar na terceira.Eu fai vinte anos volvin ser socio do meu querido RACING,recorrendo mais d cen km,e non empecei na MALATA,nin tampouco en tribuna,iva igual q todos vosoutros a o noso querido MANUEL RIVERA,enon pasaba frio como agora,tamen me mollava pois estaba nun fondo e despois tiraba pa VIVEIRO,e si perdiamos se cachondeaban de min os da MARIÑA LUCENSE.E o primer ano o cachondeo foi maior pois o BURELA quitounos o cuarto posto da ma de o ferrola XOSE LOPEZ.Resumindo despois de todo esto conseguin q o meu fillo vira o RACING NA SEGUNDA e donde o van ver os meus netos.SEMPRE RAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAACING.VEMOSNOS RECORRENDO TODA A NOSA GALICIA CO NOSO RACING.